"A investigación lévase a cabo na Parroquia de San Xoán Bautista de Carballo, provincia de A Coruña, porque nela reside parte do grupo étnico denominado "Moinantes". A parroquia ten uns 13.6216 habitantes e os/as moinantes estímase que son 600, 167 familias. A poboación moinante de Carballo concéntrase, mayoritariamente, en entidades de poboación que acordoan o núcleo da vila e algúns dos barrios nos que viven carecen das mínimas condicións que lles permitan unha calidade de vida digna, tendo a súa esperanza de vida por debaixo da media. Carecen de preparación para enfrentarse ó mundo do traballo e viven maioritariamente das axudas sociais e da esmola. Algunhas familias seguen mantendo os traballos tradicionais como son a venda ambulante nas feiras e as atraccións nas festas do verán. Outros son trapeiros ou chatarreiros. Os traballos ós que teñen acceso son aqueles nos que só se require forza física e que son dos peor pagados. Nestas condicións de vida xurden cada vez máis conflictos intragrupo e fóra do grupo. Os/as Moinantes sobreviven apoiándose mutuamente nun ambiente opresivo, hostil e alienante que fai vulnerable a súa identidade social debido ós prexuizos e estereotipos negativos cos que se asocia a este grupo en toda a Comarca."