As I Xornadas Galegas de Educación Ambiental, organizadas pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza no ano 1985, puñan de manifesto a falla de apoio institucional ás actividades de EA naquel entón. A pesar das recomendacións de Tbilisi (1977), do cumio da Terra de Rio de Janeiro (1992), e da reforma educativa de finais dos oitenta e noventa, o apoio institucional continuaría a ser moi limitado, e as actividades puramente voluntaristas continuarían a dominar o panorama da educación ambiental. Ensinantes sensibilizados e colectivos ecoloxistas serian os impulsores das poucas actividades realizadas, e tamén dos primeiros intentos de formación dos propios educadores e educadoras.
Pérez, Ransés, and Manuel Soto. "A Educación Ambiental En Galiza: Evolución E Futuro De Acción Das Ong De Protección Ambiental." In Culture, Quality of Life - Problems and Challenges for the New Millennium: IAPS 17 Conference Proceedings, 629-630. IAPS. A Coruña, Spain, 2002.