O salmón é o mellor indicativo da perda das poboacións de peixes nos rios galegos. Nos anos corenta do século XX ainda se capturaban 10.000 salmóns nos rios galegos, que xa só serian 1000 arredor de 1980 e caerian ate só un centenar a finais do século. O mesmo que pasou co salmón galego, pasou co salmón e con outros peixes en Europa e Norteamérica, un declive que hoxe se extende a outras muitas especies en todo o planeta. De feito, as especies de auga doce están entre as mais ameazadas, incluso mais que as aves e os grandes mamíferos. Muitos peixes de auga doce, anfíbios e invertebrados atópanse en perigo, en porcentaxes que van desde o 40% até o 80% das espécies en Norteamérica. As presas en primeiro lugar, as canalizacións, as detraccións de auga, a contaminación, e a desecación de zonas húmidas (brañas, lagoas e zonas de inundación) son algúns dos factores que provocan a artificialización dos ecosistemas acuáticos e a sua perda de biodiversidade.