Ao longo destes ùltimos anos vimos desenvolvendo diferentes cursos de Educaciòn Ambiental, dirixidos a persoal de variada orixe e formaciòn.Estes cursos desenvolvèronse , preferentemente en colaboraciòn cò Colexio Oficial de Biòlogos de Galiza, ainda que tamèn se teñen feito en colaboraciòn con outras entidades como CEFOCOPs(hoxe CEFORE), Escolas de Verao, Actividades de Inverno,e outras. A filosofia xeral destes cursos sustentòuse sempre en dous Paradigmas fundamentais, : O Paradigma Ambientalista e o Paradigma da Complexidade. O traballo desenvolveùse no marco da Teoria Xeral de Sistemas, dentro tamen dunha ètica Biocèntrica, de educaciòn en Valores que procuran o estabelecimento dun còdigo de conductas que definan unha ètica laica. Valores como a solidadriedade , a interculturaliedade, unha cultura da paz, a coeducaciòn non sexista, etc , son dificilmente separables , porque pertencen a un concepto educativo, xeral e permanente, e foron os que impregnaron os contidos conceptuais dos nosos cursos.